Skip to content

Protocolo Novos Membros

Rafa Couto edited this page Apr 13, 2016 · 3 revisions

Recepción de novos membros

Para recibir aos novos membro do Recuncho Maker para que vexan como funciona e, se o desexan, facilitarlle a incorporación, proponse o seguinte proceder.

Apadriñamento (ou amadriñamento)

  1. O futuro membro contactará pola rede ou, se coñece, directamente cun xa membro da asociación. Na páxina web explícase como contactar co Recuncho por email ou polas redes sociais.

  2. A persoa que apadriñe porase en contacto de volta co seu apadriñado para acompañalo a unha xuntanza do Recuncho. A idea é quedar nun sitio que ámbolos dous coñezan por se non sabe chegar ao local e ir introducindo que é o Recuncho sen que o novo teña que enfrentarse a moita xente de golpe.

  3. Chegados á xuntanza, a persoa que apadriña fará de guía e presenta á persoa apadriñada e o resto dos membros. A idea, ademais de dar a coñecer ao novo, é darlle unha visión global do que se coce no Recuncho e os proxectos que está a facer cada un.

  4. O novo membro, de querer incorporarse, pórase en contacto coa dirección da asociación para facerse membro do Recuncho.