You signed in with another tab or window. Reload to refresh your session.You signed out in another tab or window. Reload to refresh your session.You switched accounts on another tab or window. Reload to refresh your session.Dismiss alert
Hai casos nos que entendo perfectamente cada unha das palabras da frase pronunciada.
Pero a voz non interpreta correctamente os signos de puntuación que aparecen -ou non- na frase escrita (eliminando ou -máis frecuentemente- introducindo pausas no momento da lectura).
Texto escrito
O que eu escoito
problema
Con el rematamos.
Con el, rematamos.
introduce pausa
Non é só responsabilidade duns ou doutros
Non é só responsabilidade duns, ou doutros
introduce pausa
O home quixo saber algo máis da vida que Roxelio facía en Barcelona.
O home quixo saber algo máis, da vida que Roxelio facía en Barcelona.
introduce pausa
É un pastel de chocolate pequeno típico da gastronomía dos Estados Unidos de América.
É un pastel de chocolate pequeno típico, da gastronomía, dos Estados Unidos de América.
introduce pausa
O cal constituía unha situación excepcional naquel período histórico.
O cal constituía, unha situación excepcional, naquel período histórico.
introduce pausa
O mal tempo en agosto no canto de escorrentar aos turistas e visitantes, atráeos
O mal tempo en agosto no canto de escorrentar aos turistas e visitantes atráeos
elimina pausa
As palabras enténdense perfectamente e sospeito que moita xente aceptaría algunhas destas frases como válidas.
En caso de dúbida sempre podemos "saltar" a frase, pero estaría ben engadir este tema das pausas nas directrices que aparecen aquí en Galego (sospeito que traducidas do Inglés, aínda que non o teño moi claro): https://commonvoice.mozilla.org/gl/guidelines?tab=voice
The text was updated successfully, but these errors were encountered:
abubelinha
changed the title
dúbida sobre validación de datos en commonvoice (opción "Escoite")
dúbida sobre validación de frases con pausas en commonvoice (opción "Escoite")
Dec 30, 2023
Ola.
Teño dúbidas sobre como proceder con algunhas das frases que escoito nesta páxina:
https://commonvoice.mozilla.org/gl/listen
Hai casos nos que entendo perfectamente cada unha das palabras da frase pronunciada.
Pero a voz non interpreta correctamente os signos de puntuación que aparecen -ou non- na frase escrita (eliminando ou -máis frecuentemente- introducindo pausas no momento da lectura).
As palabras enténdense perfectamente e sospeito que moita xente aceptaría algunhas destas frases como válidas.
En caso de dúbida sempre podemos "saltar" a frase, pero estaría ben engadir este tema das pausas nas directrices que aparecen aquí en Galego (sospeito que traducidas do Inglés, aínda que non o teño moi claro):
https://commonvoice.mozilla.org/gl/guidelines?tab=voice
Neste foro falan algo máis do tema, pero unicamente en Inglés (penso que é onde se discuten as directrices que aparecen na versión orixinal do enlace anterior):
https://discourse.mozilla.org/t/discussion-of-new-guidelines-for-recording-validation/36465
The text was updated successfully, but these errors were encountered: